As asociacións ASAPA e Cultural e Deportiva Miño Vivo solicitaron unha reunión formal co Concello, co obxectivo de coordinar a organización de diferentes actividades sociais e deportivas no municipio durante os próximos meses.
Na xuntanza acordouse levar a cabo as seguintes iniciativas: un torneo de tute no mes de marzo, un torneo mixto de pádel en abril, a Festa do Neno en maio, un torneo de pádel en xuño e unha andaina e carreira popular no mes de xullo.
Con estas actividades búscase continuar dinamizando a vida social, cultural e deportiva do municipio e fomentar a participación da veciñanza.





