¡Xa está aquí a III Carreira Popular e Andaina do Concello de Pastoriza!
- 12 de xullo
- Praza do Concello da Pastoriza
Unha xornada para gozar do deporte, da natureza e da convivencia nun contorno único do noso municipio. Haberá probas para todas as idades, desde os máis pequenos e pequenas ata a carreira absoluta de 7 km, ademais dunha andaina que levará o nome do exalcalde D. José Yáñez García para quen prefira gozar do percorrido a outro ritmo.
Anímese a participar e a descubrir algúns dos recunchos máis fermosos do noso municipio, combinando actividade física, patrimonio e paisaxe.
- Inscricións abertas en ccnorte.com
- Prazo ata o 6 de xullo
¡Non quede sen a súa praza! Agardámolo para vivir unha mañá de deporte, diversión e un gran ambiente na Pastoriza.
Ligazón para a inscrición:
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3284/iii-carreira-popular-concello-de-a-pastoriza




