Demografía

Desde o punto de vista demográfico, A Pastoriza, con cerca de 3.000 habitantes no ano 2025, presenta unha densidade de poboación de 16,55 hab./km² e un hábitat rural moi disperso —arredor de 10 aldeas por parroquia—.

A evolución demográfica amosa unha forte inflexión desde a década de 1940, na que acadou o seu máximo, até a actualidade.

Unha forte e prolongada emigración provocou unha grande sangría demográfica ao privar o municipio das mellores forzas produtivas, até a chegada da concentración parcelaria na década dos anos 60.

Censo

2.897 habitantes

Densidad

16,55 hab./Km2.

Comments are closed.

Close Search Window
↑