Clima
Concello de Pastoriza
Plaza Galicia N°1 • 27287 A Pastoriza • Lugo (Galicia)
Tel.: 982 332 197
Climatolóxicamente, A Pastoriza inscríbese dentro do clima oceánico, aínda que, polas súas temperaturas e abundantes precipitacións, pódese atribuírlle certo grao de continentalidade.
A peculiar humidade climática da zona débese fundamentalmente ao arrefriamento das masas marítimas do Cantábrico, ao chocar cos montes do norte do municipio.
Esta pluviometría positiva apenas ten un leve contrapunto na aridez estival e edáfica da zona de Reigosa.
A paisaxe, como produto da interacción entre o home e o seu medio, caracterízase pola existencia dunha elevada porcentaxe de prados, que rodean as pequenas entidades de poboación que salpican todo o municipio.
Nas zonas montañosas, o predominio corresponde ao mato e ao toxo, mentres que nas zonas medias, aínda é posible atopar algunhas masas de bidueiros, amieiros, carballeiras e castiñeiros, malia as talas realizadas con motivo da concentración parcelaria.
Precipitacións
1.400 mm./anuais
Temperatura media anual
12º C
Plaza Galicia N°1 • 27287 A Pastoriza • Lugo (Galicia)
Tel.: 982 332 197