Centro de Interpretación
Bretoña
UNHA AULA NO CORAZÓN BRETÓN
O Centro de Interpretación de Bretoña convida a descubrir a pegada dun lugar único, onde se entrelazan historia, espiritualidade e tradición. Antiga sé episcopal en tempos suevos, Bretoña conserva a memoria das orixes do cristianismo en Galicia e do pasado medieval que marcou a súa identidade. O centro ofrece ao visitante un percorrido didáctico e próximo por este legado, converténdose na porta de entrada a un patrimonio cultural que segue vivo na paisaxe da Pastoriza. No interior do centro, o visitante poderá atopar aulas interactivas multimedia, maquetas a escala, restos arqueolóxicos do castro de Saa, así como elementos etnográficos de altísimo valor.
INFORMACIÓN
Situación: Bretoña
Horario: 10 – 13:30pm
16 – 19:30pm
Accesibilidade: Non, só pranta baixa
Aseos: No
Contacto: cinbretona@gmail.com
Concello de Pastoriza
Plaza Galicia N°1 • 27287 A Pastoriza • Lugo (Galicia)
Tel.: 982 332 197












































