Actualidad|

Onte conmemoramos a loita das mulleres pola igualdade, xustiza e liberdade. Recordamos a nosa forza, a nosa resiliencia e a nosa capacidade para cambiar o mundo.

Dende as nosas antepasadas que loitaron polos nosos dereitos, ata as mulleres que hoxe seguen a loitar por un futuro mellor, somos un pobo forte e unido.

Dende o Concello de Pastoriza, agradecemos o gran esforzo da agrupación teatral XA-TÁ, organizador de este fermoso e sentido Roteiro Teatralizado do 8M.

Comments are closed.

Close Search Window