
Obxecto da normativa
Constitúe o obxecto desta ordenanza o establecemento dunha regulación no municipio da Pastoriza das cortas e sacas de madeira que faga compatible a liberdade de empresa e o desenvolvemento e explotación do sector forestal, coa preservación do medio natural, a conservación dos camiños e pistas municipais e a seguridade viaria.




