Centros Sociais

Coñece os centros sociais do seu municipio? O Goberno local está a facer unha aposta firme para contar con espazos para a dinamización social que están pensados para a poboación maior, pero tamén para o desenvolvemento de actividades de interese para todas as franxas de idade.

O obxectivo é que mozos e maiores poidan contar con lugares de referencia para informarse e desenvolver actividades do seu interese. O programa destes centros inclúe actividades formativas en distintos ámbitos (como informática ou acceso ás redes sociais), actividades relacionadas coa saúde e o deporte (talleres de memoria, excursións de sendeirismo) e tamén xornadas divulgativas que pretenden xuntar lecer e cultura (como por exemplo talleres sobre oficios tradicionais).

Este Concello programa estas actividades con recursos propios e tamén coa colaboración doutras administracións. Neste espazo informarase sobre as próximas actividades dos nosos centros sociais.

Comments are closed.

Close Search Window
↑