Cultura
O Concello trata de programar anualmente actividades de interese para todos os veciños nos distintos ámbitos da cultura, e con carácter gratuíto sempre que resulta posible.
O apartado de noticias deste portal web dará conta puntualmente dos eventos que se vaian organizando, entre os que con seguridade atopará numerosos do seu interese.
Desde aquí invítase á cidadanía e ás distintas organizacións veciñais e culturais do municipio a que comuniquen as súas ideas e iniciativas ao Concello para a organización de futuras actividades. Para iso poden acudir á Casa do Concello ou ben utilizar o apartado de contacto que teñen á súa disposición nesta web.


