Sendeirismo
Mar Verde
A TRAVÉS DA ESENCIA DE GALICIA
Esta ruta percorre de norte a sur unha das paisaxes máis características de Pastoriza, coñecida como Mar Verde polas súas extensas pradeiras e campos de cultivo. Esta ruta parte do núcleo de Pastoriza para paulatinamente dirixirse ao sur ata o Castro de Saa. Ao longo do camiño xorde unha contorna tranquila e aberta, ideal para unha camiñada relaxada. Ao chegar á ribeira do río Madalena, a paisaxe transfórmase adentrándose nunha zona frondosa e sombría, perfecta para facer unha pausa e gozar da frescura do bosque. Pouco despois o camiño desemboca en Salanxe, onde o camiño volve mergullarse nun mar verde que caracteriza á comarca.
DATOS TÉCNICOS
Tempo: 2h 50min.
Desnivel positivo: 146 m.
Desnivel negativo: 160 m.
Distancia: 9.5 km.
ESCALA M.I.D.E.
Medio: 1
Itinerario: 1
Desprazamento: 1
Esforzo: 2
ELEMENTOS DE INTERESE
Núcleo de Pastoriza
Igrexa de S. Salvador de Pastoriza
Ribeiras do río Madalena
Castro de Saa
PERFIL DA RUTA
Concello de Pastoriza
Plaza Galicia N°1 • 27287 A Pastoriza • Lugo (Galicia)
Tel.: 982 332 197