PR-G 153

Augas de Fonmiñá

A TRAVÉS DA ESENCIA DE GALICIA

Esta ruta de sendeirismo percorre algúns dos lugares máis emblemáticos do municipio. De dificultade baixa e trazado lineal, cos seus 12,6 km e apenas 200 m de desnivel, conecta a Lagoa de Fonmiñá, lugar tradicional do nacemento do Miño, coa praia fluvial de Baltar, atravesando prados, bosques autóctonos e aldeas que conservan a esencia do rural galego. Ao longo do percorrido, o camiñante goza dunha contorna natural de gran valor paisaxístico, ecolóxico e arqueolóxico nun espazo catalogado como Reserva da Biosfera. Esta ruta resulta ideal para coñecer de cerca as orixes do río máis emblemático de Galicia nun paseo accesible e cheo de historia.

DATOS TÉCNICOS

Tempo: 4 h 15 min. por sentido
Desnivel positivo: 177 m.
Desnivel negativo: 220 m.
Distancia: 12,6 km.

ESCALA M.I.D.E.

Medio: 1
Itinerario: 2
Desprazamento: 2
Esforzo: 3

ELEMENTOS DE INTERESE

Nacemento do Miño
CIN de Fonmiñá
Ribeiras do Miño
Igrexa de Crecente

Castro de Saa
Reserva da Biosfera
Praia fluvial de Baltar

PERFIL DA RUTA

Close Search Window
↑