Comarca de
Terra Chá
Este territorio, caracterizado pola súa extensa chaira e a súa riqueza natural e gandeira, atopa na comarca un vector estratéxico para aproveitar recursos de forma conxunta e potenciar a súa identidade propia.
Dende o Corazón de
A Terra Chá,
a un paso do Mar
A localización de Pastoriza permite ao visitante gozar da tranquilidade de A Terra Chá e, ao mesmo tempo, estar moi preto da Mariña lucense, unha das zonas costeiras máis espectaculares de Galicia. En menos dunha hora en coche accédese a paisaxes únicas como a Praia das Catedrais, cantís impresionantes e pintorescos portos mariñeiros. Esta proximidade converte a Pastoriza nun punto estratéxico para combinar o turismo de interior, ligado á natureza, a historia e a cultura castrexa, coa riqueza paisaxística e gastronómica do litoral cantábrico galego.
Como Chegar a Pastoriza
Avión
Os aeroportos máis próximos son o de Avilés, A Coruña e Santiago de Compostela. Estes tres aeroportos atópanse nun radio inferior ás dúas horas facilitando as conexións nacionais e internacionais.
Coche
A Autovía do Cantábrico ofrece unha conexión extraordinaria ao concello da Pastoriza. Grazas a esta vía podémonos situar en apenas 1h na Coruña, ou Avilés, así como en menos de 30 minutos en Lugo ou na propia costa lucense.
Autobús
Os múltiples servizos permiten a conexión tanto con Lugo como coa Coruña. Tamén cabe destacar a liña local que conecta a Pastoriza con Riotorto e Castro de Rei. O tempo estimado a Lugo é de 2h 15min e á Coruña de 3h 40min.
Concello de Pastoriza
Plaza Galicia N°1 • 27287 A Pastoriza • Lugo (Galicia)
Tel.: 982 332 197