Centro de Interpretación

Augas de Fonmiñá

UNHA AULA EN PLENA NATUREZA

O Centro de Interpretación da Lagoa de Fonmiñá, situado no municipio da Pastoriza (Lugo), ofrece un espazo divulgativo dedicado ao nacemento do río Miño e ao valioso ecosistema que o rodea. A través de paneis, recursos audiovisuais e actividades didácticas, o centro achega a visitantes e escolares a riqueza natural, cultural e etnográfica da comarca. Desde aquí accédese á Lagoa de Fonmiñá, lugar emblemático considerado tradicionalmente como a orixe do Miño, converténdose nun punto de referencia para o turismo sustentable e a educación ambiental en Galicia.

INFORMACIÓN

Situación: Estrada LU-122
Horario: 10:00am – 14:00pm
Accesibilidade: Sí, adaptado
Aseos: Sí, adaptados
Telf.: 982 33 21 97

Close Search Window
↑